...nin que Farrapos de ghaita

Farrapos de ghaita edita o primeiro disco cando o grupo cumple dous anos.
13 de Decembro, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

"Farrapos de ghaita" véndese desde o dia 17 na páxina El Tridente e Maldito Records. Fisicamente o disco véndese en diferentes establecementos da comarca.

ESCOITA O PODCAST:
farrapos2019

Seguro que máis dunha vez escoitachedes decir ao presidente dos EEUU, Donald Trump: “pero que clima, nin que farrapos de ghaita” Pois ese dito tan popular da nome a un grupo que despunta na nosa comarca e que ven de editar o primeiro disco con ese mesmo nome "Farrapos de ghaita",porque ao primeiro fillo soe chamárselle como ao pai. Esta mañá foron os nosos convidados na Fenestra de Radio Fene.

Con eles falamos dos pasos que deron nos dous anos de vida que cumplen agora – naceron en decembro de 2017- e dos soños que os manteñen xuntos no grupo que canta en galego e que mistura diferentes estilos musicais como podedes comprobar ao escoitar o disco que se pon á venda fisicamente en diferentes locais da comarca (en Fene está na papelería Artabria). De xeito dixital pódese descargar a través da páxina “El Tridente. Maldito Records” desde o dia 17 de decembro.

Con Alén, Nerea e Xaquín falamos do grupo e do disco que produciu Manuel Ramil en “Tercera planta estudio” de Serantes. Cántanlle a todo o que se move e especialmente ao demo. Belcebú, Muiñeira do Demo, son dous exemplos pero tamén lle cantan aos marcos, os sagrados marcos galegos en "pastor eléctrico", aos piratas de Almieiras ou á Santa Compaña e o Samaín, temas que pechan o disco.

Cultura

Publica o teu comentario agora