ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“No es mi cultura” é o lema dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos touros de lidia, afirma o activista da Fundación Franz Weber Rubén Pérez Sueiras. Tratan de derrogar a lei que recoñece a tauromaquia como patrimonio cultural.
As touradas están nun evidente retroceso e sen subsidios públicos non poden subsistir, indica Rubén. A ILP quere devolver as competencias sobre touradas á administración local e autonómica. A inmensa maioría da cidadanía non quere que se cualifique como patrimonio cultural espectáculos como tirar touros ao mar, prenderlle lume nas astas ou matar touros pouco a pouco. A ILP en defensa dos animais rexistrouse o 4 de xaneiro deste ano. A mesa do Congreso admitiuna a trámite e agora dispoñen de nove meses de prazo para reunir medio millón de firmas co que se poida iniciar a súa tramitación no Congreso dos Deputados. Máis información na web www.noesmicultura.org
Publica o teu comentario agora