Non ao exterminio da FP en Fene

Non ao exterminio da FP en Fene

13 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Non ao exterminio do FP en Fene” ou “A FP de Fene, no punto de mira” son os textos das pancartas que presidiron a concentración diante do CIFP de Barallobre ás 12 da mañá. Un cadaleito co lema “RIP FP de Fene” simbolizaba a situación na que se encontra o centro de Barallobre que a Reforma da Xunta de Galicia fai desaparecer para levar os ciclos superior e medio de Administración e de Telecomunicacións para Ferrol. O a

Os grupos municipais do PSOE, BNG e EU estiveron tamén presentes cos concelleiros-as de Fene, na concentración. Todos a unha reclaman que o CIFP permaneza en Barallobre.

A protavoz do alumnado, Lola Dopico, insistíu en que, se non se logra manter o centro como CIFP, cando menos se lles deixe rematar en Fene os estudos que empezaron no instituto do Pazo. Piden unha moratoria dun ano.  profesorado sintoniza totalmente con esta reclamación. A profesora e orientadora do CIFP de Barallobre,  Susana Pita, como fenesa que é, dixo sentirse doída porque o concello perda esa condición de referente para moitos alumnos da comarca e de fora dela. E engadíu que a reforma obriga a máis da metade do claustro ao traslado.

Tamén a CIG amosou o seu apoio incondicional ao centro de Fene. A responsable comarcal de Ensino, Mª Antonia Martínez, denunciou esta mañá en Barallobre que a reforma da FP tomóuse dun xeito excluínte e antidemocrático, sen contar cos sindicatos, as direccións dos centros afectados, o profesorado e o alumnado.

O alumnado de Barallobre pensa seguir insistindo na sua reclamación, aínda que están de exames e iso dificulta as cousas. O mércores repetirán a movilización.
 

Sociedade