Non foi tan doado

Non foi tan doado
19 de Febreiro, 2024 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

Segunda Galicia de fútbol. Barallobre 4 -0 Vilarmaior. “O partido non foi tan doado como poida parecer do resultado final” advirte o adestrador do Barallobre Borja Mesa. Restan dous partidos desta fase, fronte ao Moeche e diante do Freixo. O equipo do Ramo ten que gañar os dous encontros, facer seis puntos e agardar un baixón do Eume B, para meterse no grupo que loitará polo ascenso.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Barallobre Borja Mesa:

http://173.255.131.18/audio/190224MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

“Ata o minuto 30 non chegou o primeiro gol porque o Vilarmaior é un equipo que vai a máis co seu novo adestrador” apunta Mesa. A próxima xornada o Barallobre visita ao Moeche.

 

Fotografía Xan Xe

Arquivo Radiofusión. Partido Barallobre - Cebarca

Deportes

Publica o teu comentario agora