Non hai pluma que poida enumerar tanto encanto reunido

Non hai pluma que poida enumerar tanto encanto reunido

17 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tanto encanto reunido”. Chámase así o libro-disco editado por Berros do Castro. Recolle fotografias antigas de músicos de Ferrol, Eume e Ortegal. Tamén pezas de música popular interpretadas ao xeito da xente de antes. “Tanto encanto reunido” preséntase este sábado,  dezasete de maio, ás oito da tarde no local do Toxos e Froles, na rúa Magdalena de Ferrol.

O disco inclue quince temas gravados e misturados nos estudios A Ponte nun traballo publicado por Edicións Embora. O libro conta con destacados colaboradores, como Daniel Bellón, Pablo Carpintero ou Alonso Caxade. Tamén músicos da Banda de Infantería de Ferrol, da Banda de Santa Cruz de Ribadulla ou da Banda de Música da Estrada, fixeron revivir a música da Laureada Banda Garrote de Ortigueira, nunha composición do ano 1931.

Sociedade