Non hai prazas para o Kernel 2011 de Mugardos

Non hai prazas para o Kernel 2011 de Mugardos

06 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos acolle o Kernel 2011, Oitavo Ciberencontro do Concello de Mugardos celébrase a vindeira semana, o venres 16, sábado 17 e domingo 18 de setembro co cartel de “non hai entradas” . Mais de 70 cibernautas participan este ano no evento que se celebra na Casa da Cultura mugardesa e que sigue contando co apoio municipal.

Alberto Permuy, da comunidade O Zulo, organizadora do evento, afirmaba esta mañá que a cita ofrece a participación nun concurso de deseño  de páxinas web; a participación nun xogo ou o contacto con antigas máquinas recreativas.

O sabado 17 conmemórase o Día do Software libre e celebraránno con conferencias e coa Ciber Olimpiada que incluirá probas moi divertidas. O sabado ás 9 da noite chegará a laconada comunitaria que denominan “porco byte” e ás 12 da noite a festa nun local de Mugardos, na que soará a música que os asistentes ao Kernel terán elexido en Internet.

10 € custa a participación no Kernel para sufragar os gastos da cea e a camisola conmemorativa. Neste momento hai lista de espera para poder acudir.

Sociedade