Non pasar de longo ante os desfavorecidos

Non pasar de longo ante os desfavorecidos

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Sen Teito da cidade de Ferrol contarán nas vindeiras datas de acompañamento para facerlles o día a día máis levadeiro. A iniciativa, pioneira na urbe naval, correrá a cargo da Área de Incorporación Sociolaboral da Concellería de Benestar. A medida permitirá levar a cabo uns itinerarios personalizados para estas persoas. Outro dos obxectivos é a implicación dun xeito activo das entidades e asociacións da cidade co f

O proxecto de acompañamento para os Sen Teito supón avanzar un paso máis no camiño iniciado este ano co estudo sobre a realidade dos senfogar. Unha análise pormenorizada da composición do colectivo, dos motivos da súa situación e do tempo que levan na rúa, entroutros aspectos. A Concelleira de Benestar, Beatriz Sestayo subliñou que o obxectivo destas actuacións pasa por articular mecanismos efectivos para acadar a súa integración real na sociedade. Contaráse con dúas persoas para a realización do proxecto, unha socióloga e unha traballadora social, por un periodo de seis meses.

Un dos aspectos máis importantes sobre os que está a traballar é a criación dun Centro Integral de Inclusión Social na cidade departamental , que se agarda poida levarse a cabo durante o presente ano.

Sociedade