Non poido ser...

Non poido ser...

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Xallas levouse a eliminatoria do campo de O Pote. A tanda de penaltis saldouse cun 2 a 3 favorable aos visitantes despois de rematar o tempo regulamentario cun 0 a 1 ao seu favor. Con ese marcador despois dos 90 minutos quedou igualada a eliminatoria e houbo que xogar a prórroga que se liquidou co mesmo marcador. Ao final a sorte da tanda de penaltis inclinou a balanza cara o carón do Xallas, que xogará co Cacheiras o ascenso de categoría.

Preto de 400 persoas encheron as instalacións de O Pote para presenciar o partido. O Maniños tivo unha fin de semana negra. Onte foi eliminado da copa polo Perlío e hoxe da fase de ascenso polo Xallas. Rematou a temporada deportiva para o equipo de Angel Mahía que agora collerá vacacións. Os xogadores do Maniños voltarán ao traballo a finais de xullo principios de agosto coa chegada da pretemporada.

Deportes