Non só ao Ebro lle deu por desembocar en Vigo

Non só ao Ebro lle deu por desembocar en Vigo

04 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Non só ao Ebro lle deu por desembocar en Vigo. A frase da cantora aragonesa Carmen París alude ao grupo Berrogüetto, segundo nos descubre Xoán Manuel Estévez no número de xaneiro da revista Tempos Novos, ao fio do libro – CD- DVD de Fernando Neira denominado “O pulso da terra” e publicado por Galaxia.

Neira megúllase na interioridade individual e colectiva do fato protagonista desta formación excepcional no panorama do folc autóctono. Berrogüetto, renovador estética e xeracionalmente do referente clásico por antonomasia, Milladoiro. Pero loxicamente hai outros ingredientes. “O resultado é en todos os casos un son recoñecible, nin armenio, nin irlandés, ás veces nin galego, pero sí noso” ao dicir de Quim Farinha.

Sociedade