ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Non se pode permitir ningún tipo de excepción" afirmou o presidente provincial do PP en Ourense José Luis Baltar, aludindo á situación dos sete concelleiros populares de Santiago de Compostela acusados de prevaricación e aos que se lle abriu xuizo oral o pasado luns. O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Santiago Angel Currás defenderon o mantenemento do seu posto dos encausados, indicando que "non est&
O presidente provincial do PP en Ourense, Manuel Baltar, referiuse este xoves á situación xudicial dos concelleiros do seu partido no Concello de Santiago e aos afiliados para asegurar que: "Os códigos éticos dos partidos están para cumprilos e non se pode permitir ningún tipo de excepción".
Baltar presentou este xoves a súa proposta persoal de Código Ético da Deputación de Ourense e, tras a rolda de prensa convocada para dala a coñecer, respondeu a preguntas sobre a aplicación do código ético do PPdeG, fóra da sala con distintivos institucionais da Deputación provincial.
No caso de Santiago, Baltar manifestou non ter "ningunha dúbida de que se cumprirá o código ético" porque "os códigos éticos dos partidos están para cumprilos, e se non é así, perden a súa función".
Ademais, admitiu tamén descoñecer "exactamente" a situación de "eses afiliados ao PP" de Santiago. "Tampouco pertenzo ao comité de dereitos e garantías do PPdeG, pero polo que a min respecta, como presidente provincial do partido, coñezo casos de afiliados en determinada situación xudicial, con apertura de expedientes informativos e mesmo, coa vontade dalgúns de pedir a suspensión de militancia, e iso xestiónoo na provincia", sostivo