Non teñen sentido

Non teñen sentido
03 de Febreiro, 2023 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

Un obediente soldadiño comeza a pensar tras a intervención de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra. O Valo propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. 

ESCOITA O PODCAST:

“Os valos non teñen sentido ningún. As fronteiras son simplemente muros que se poñen para separar á xente e as persoas pero tanto homes como mulleres somos iguais, temos os mesmos sentimentos, emocións e soños. Póñennos fronteiras por motivos de poder e económicos para enfrontarnos e seguir mantendo ese poder”, afirma Carlos Labraña, autor de O Valo, ao que escoitaremos este venres no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión. "Un valo no medio do deserto! Nunca tal vin", "So na procura dos soños atoparás a liberdade" ou "As cousas poden cambiar se xuntamos as nosas forzas", son algunhas das mensaxes que convencen ao soldadiño protagonista desta historia para acabar co valo.

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora