Norah Jones presentará en Vigo o seu estilo máis pop

Norah Jones presentará en Vigo o seu estilo máis pop

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A cantante e pianista estadounidense Norah Jones dará este verán un concerto en Vigo. Será o próximo 14 de xullo no parque de Castrelos. A actuación é unha das tres paradas en España que xa confirmou a cantante norteamericana na súa xira europea para presentar o seu cuarto disco «The fall».

Trátase do primeiro concerto que se pechou para este verán en Vigo. As entradas poranse á venda o 10 de marzo a un prezo de 12 euros (venda anticipada), un prezo moito máis alcanzable que noutras cidades xa que por exemplo en Tarragona pagaranse 60 euros.

O anuncio tamén figura xa na páxina web da artista que no apartado dedicado á súa xira xa inclúe a cita do 14 de xullo en «Castrelos Park».

Norah Jones, filla do mestre indio do sitar Ravi Shankar, sacou no 2002 o seu primeiro disco «Come Away With me», do que vendeu máis de 20 millóns de copias e conseguiu oito premios Grammy.

Sociedade