Normalidade nas peixerías e na praza

Normalidade nas peixerías e na praza
25 de Marzo, 2022 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

A praza de abastos da Magdalena de Ferrol funcionou esta mañá con total normalidade. Había algo menos de peixe e marisco que o habitual. Vendíase a xiba a 12 euros o quilo no establecemento de Peixes Niki de Cedeira. Carnes,legumes e verduras estaba abastecido como normalmente. A frota de Cedeira saíu xa na noite de onte a faenar con normalidade. Tamén abriron as súas portas con produto a peixería Marina de Maniños e A Greta de Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral. Na imaxe, Alberto Pazo da Peixería A Greta de Fene

O Restaurante Muíño do Vento, aberto en Magalofes (Fene) en 1975 conta para esta fin de semana cunha ampla variedade de peixes e mariscos,  segundo o seu propietario Carlos Varela.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora