Notificacións das mesas electorais e solidaridade galega

Notificacións das mesas electorais e solidaridade galega

26 de Setembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Os membros das mesas electorais do referendo de Cataluña comezaron xa a recibir as notificacións, segundo confirmou esta mañá a portavoz de Junts pel Si Marta Rovira. A Generalitat afirma que, como marca a lei orgánica,se os membros da mesa non acuden ao colexio electoral, os tres primeiros votantes formarán a mesa. En Galicia o sábado 30 de setembro a plataforma Galiza con Catalunya convoca unha manifestación en defensa do dereito a decidir.

A marcha sairá ás 12 da mañá do sábado 30 da Alameda de Santiago de Compostela. Convoca a plataforma Galiza con Catalunya.

Sociedade