Nouvelle Cuisine agasállannos en Reis coa presentación de “La Guerra del Volumen”

Nouvelle Cuisine agasállannos en Reis coa presentación de “La Guerra del Volumen”

05 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os coruñeses Nouvelle Cuisine queren que o 2010 sexa un ano especial e, por iso, veñen de presentar a través da rede o seu terceiro traballo, La Guerra del Volumen, o primeiro disco editado en 2010, tan só oito minutos despois das badaladas. Un EP con seis temas gravados e producidos por Arturo Vaquero nos Estudios Abrigueiro de Friol, aos que se engade

La Guerra del Volumen está editado baixo licenza Creative Commons, exceptuando “Basta de Peleas”, tema interpretado orixinalmente por Massiel e que foi masterizado por Paco Liaño nos Estudios Treboada da Coruña. Unha adaptación que naceu dunha petición para un recompilatorio con cancións da artista española, que finalmente non se levou a cabo. O resto de temas foron gravados, mesturados e materizados na primeira semana do pasado mes de novembro nos Estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero.

A diferenza de Autodictado de 2007 e De memoria de 2008, La Guerra del Volumen é un disco máis profesional, traballado e electrónico que os anteriores.

O EP presentarase ao vivo esta noite, a partir das dez e media, na Mardi Gras. Xunto aos novos temas soarán tamén os dos dous anteriores traballos. A presentación contará ademais con proxección de imaxes en directo a cargo de Miguel Mariño. Despois da posta de largo, actuarán o 27 de febreiro no Le Club tamén da Coruña, para despois pasar por Vigo ou o Barco de Valdeorras.

Cultura