Nova acción no peche do Centro Social de Fene

Nova acción no peche do Centro Social de Fene

20 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Siguen a protestar pola supresión da praza da traballadora social. Os usuarios do Centro sociocomunitario de Fene-A Coruña-  organizan agora un peche-cea-baile para a noite deste venres 23 de marzo. As persoas interesadas en participar na cea deben anotarse na cafetería do centro. O peche dos usuarios-as do Centro Sociocomunitario de Fene cumplirá mañán duas semanas  sen que dende a Administración autonómica desen resposta á sua

A convocatoria empeza ás 7 da tarde. Ás 8,30 poñeranse a cear e despois chegará o baile con vocación nocturna. O prezo do menú será de 6 € por parella e inclue sopa de peixe e lacón asado. Calquera persoa que desexe unirse a esta acción pode apuntarse na cafetería do centro social.

Así que cociña do centro da Torre poráse a funcionar despois de anos pechada. De feito xa está adxudicada a sua xestión a un empresario de Ferrol que a semana que ven podería abrir xa a cafetería, segundo nos informa Manuel Caldevilla. A partir daí calculan que en duas semanas poderían empezar a programar os tradicionais xantares-baile no centro social fenés que se interrumpiron cando se pechou a cociña por non reunir as condicións esexidas pola lei.

Sociedade