Nova sentencia contraria á planta acuícola de Rinlo

Nova sentencia contraria á planta acuícola de Rinlo

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitirá o vindeiro 23 de novembro a sentenza que anula o acordo do Consello da Xunta de Galicia que aprobou a construcción da piscifactoría de Rinlo en Ribadeo. O comunicado de prensa difundido pola asociación ecologista ADEGA confirma que a nova sentenza, a segunda desfavorable desta actuación, volta a desacreditar as actuacións do goberno autonómico respecto desta planta de acuicultura promovida por Acuinor S.L.

O TSXG alega nos seus argumentos a contrariedade a dereito do proxecto da piscifactoria posto que incurrre nunha afección medioambiental que califican de “inaceptable”, dado o impacto desfavorable que a instalación tería no entorno de As Catedrais, protexido como Rede Natura pola Unión Europea. A sentencia esgrime tamén como argumentos á contra do proxecto a falta de suficiente xustificación da ubicación de certos elementos do proxecto, tales como tanques de engorde e preengorde, que invadirian terreos de protexidos polo Dominio Público Marítimo Terrestre.

Nas súas conclusións o TSXG califica de inviable a instalación deste proxecto no entorno de As Catedrais. Ambalas dúas sentenzas- a primeira delas anulou a Declaración de Impacto Ambiental aprobada pola Xunta en 2005- constitúen un precedente de actuación deste órgano xudicial posto que son as primeiras que se fallan en Galicia a favor dun espazo de Rede Natura. Os membros de ADEGA manifestan no seu comunicado a súa satisfación por esta resolución. Esta asociación xa no ano 2004 presentara unha das primeiras alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental da planta de ACUINOR S.L, proxecto que fóra tamén desbotado na costa asturiana polas graves consecuencias ambientales que a instalación ocasionaría.

Sociedade