Novas máquinas nas instalacións deportivas de Fene

Novas máquinas nas instalacións deportivas de Fene

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene disporá dende hoxe de tres novas máquinas para as instalacións deportivas municipais. Concretamente se adquiriron unha máquina elíptica, unha bicicleta estática e unha cinta para camiñar e correr.

 As tres máquinas foron adquiridas grazas a unha subvención da Deputación Provincial de A Coruña, axuda para infraestructura e equipamento, apunta a concelleira de deportes de Fene Carmen Silvar. A subvención solicitada no seu día polo seu departamento ascende a 6.800 euros. A edil encargada de deportes apunta que as máquinas se colocarán na piscina municipal de Centieiras en Perlío onde se instalará a bicicleta estática e a cinta mentres que a máquina elíptica irá para o ximnasio do pavillón polideportivo de A Xunqueira de San Valentín.

Sociedade