ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O PSOE leva “dous anos xestionando coa Deputación solucións a estes plans herdados do anterior goberno do BNG”. Así responde o Partido Socialista de Fene ás acusacións do Bloque de "ineficacia" por parte do Alcalde e do Concelleiro de Obras na xestión do Plan de Obras e Servizos e do Plan de Cooperación Provincial, bloqueados dende o 2007. Os socialistas amósanse satisfeitos do encontro mantido esta mañá co President
Nun comunicado, o PSOE de Fene asegura que cando o actual equipo de goberno chegou á alcaldía, en xuño de 2007, atopouse cos Plans de Obras e Servizos (POS) correspondentes aos anos 2006 e 2007 e o PIL 2005, “elaborados e non executados polo anterior goberno”. Nun primeiro momento, engaden os socialistas, conseguiuse desbloquear e executar o POS 2006, “obras que levaban xa dous anos no olvido do anterior goberno, en mans do BNG”.
Con respecto ao Plan de Obras e Servizos do 2007, dende o Partido Socialista afirman que o motivo da súa parálise débese a que “o Concello foi instado a correxir e modificar determinadas obras incluídas polo anterior goberno do BNG, e que non eran executables porque cando foron planificadas non se tivo en conta aspectos tan fundamentais como a disponibilidade de terreos para poder realizalas.” Tamén asegura que as modificacións necesarias nese Plan, así como a elaboración do POS 2008 e 2009 “son xa obras planificadas polo actual Concellería de Obras, dirixida polo socialista José Antonio López, e aprobadas polo goberno en coalición do PSOE e BNG, existente ata mediados do presente ano”.