Novos retos dos clubes de golf

Novos retos dos clubes de golf

10 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Facultade de Ciencias da Educación Física e do Deporte acollerá mañá venres, 11 de maio, ás 10.30 horas, a mesa redonda titulada "Os clubes de Golf, as titulacións e a promoción deportiva, novos retos". A asistencia é libre para todos os alumnos e interesados en xeral.

Este acto contará coa participación de Daniel Fernández, presidente da Federación Galega de Golf; Juan Cuevas, presidente do Real Aeroclub de Santiago; Luis Sierra, presidente do Club de Golf de Narón, e Gerardo Mosquera, xerente do Club de Golf de Miño, así como Francisco Costoya, director do IES de Miño, centro escolar onde en colaboración con alumnos e alumnas da Universidade da Coruña e o Club de Golf de Miño estase a desenvolver unha novidosa experiencia de achegar o golf ás escolas.

Sociedade