O “mangue”, a música alternativa do Brasil, chega a Galicia en forma de compilación discográfica

O “mangue”, a música alternativa do Brasil, chega a Galicia en forma de compilación discográfica

17 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Brasil muito além, este é o título dun álbum que vén de saír á rúa de man do selo Falcatruada e grazas ao traballo e impulso de Xoán Lois Vila, coñecido artisticamente como Dj Macô. Un “pesquisador de música tradicional”, como a el lle gusta denominarse, que vai máis aló da samba e a bossa nova

En total, 16 bandas e temas contén Brasil muito além, un traballo que Dj Macô agarda que achegue á xente á cultura deste país sudamericano, “cultura que vai máis aló do fútbol e o carnaval”, segundo asegurou o artista nos micrófonos de Radiofusión. Así o demostran grupos como Sapotone and The Love Rockers, Instituto, Academía da Berlinda, Junio Barreto, Mundo Livre S.A. ou BNegão & Os Selectores De Freqüência, presentes no disco.

Moita e variada música que xa podemos adquirir en formato físico, pero tamén a través do dixital grazas a tendas como Itunes, Amazon ou eMusic. De igual xeito, nas vindeiras semanas poderase escoitar a música destas 16 bandas a través dos servizos máis habituais de streaming como Spotify, LastFM ou Deezer.

 

 

 


Cultura