O “Rock in Theatre” de Capitán Morgan

O “Rock in Theatre” de Capitán Morgan

23 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de rock Capitán Morgan actuará este sábado ás 20.30 horas no Teatro Jofre (Ferrol A Coruña) para ofrecer un concerto que gravará a produtora independente Mandeo Records para a súa posterior edición en CD e dobre DVD. Esta actuación forma parte do proxecto “Rock in Theatre” un espectáculo audiovisual en torno a esta banda de música que unirá e esencia do Rock&Roll coa max

Capitán Morgan naceu como banda o 25 de agosto de 2006 despois de que Pablo Beade (batería, teclado, saxofonista e arreglista) e Richi García (voz, guitarra e líder do grupo) decidisen tomar un descanso tras a súa última experiencia musical. A eles sumouse Nacho (guitarrista solista) e en outubro de 2009 incorporouse á banda o baixista e guitarrista alemán Michael Stoehr, con quen se abre un novo período da banda. O seu nome, Capitán Morgan, é unha homenaxe ao que estes músicos consideran o mellor ron do mundo, de Jamaica. 

Respecto ao concerto que ofrecerán en Ferrol este sábado, “Rock in Theatre”, contarán cun gran despriegue técnico profesional para poder gravar este espectáculo de rock. Contarase con oito cámaras e a colaboración de empresas de grande relevancia dentro do sector, así como de profesionais da talla do fotógrafo Caamaño Castro. Este ambicioso proxecto non se limitará a rexistrar o concerto de Capitán Morgan en audio e vídeo senón que inclúe tamén a gravación de todo o que aconteza entre bambalinas durante a súa elaboración. Para este traballo, a agrupación gravará algunhas cancións do seu disco de debú, editado no ano 2008, temas novos e unha selección de versións doutros artistas.

Sociedade