O 15 de xuño haberá dous trens menos entre Ferrol e Ribadeo

O 15 de xuño haberá dous trens menos entre Ferrol e Ribadeo

30 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O próximo día 15 de xuño, Renfe poñerá en circulación uns trens turísticos  denominados "Trens dos Faros", patrocinados pola Xunta de Galicia para promover o turismo. Paralelamente se está a efectuar un recorte de  servizos de trens de viaxeiros por non querer aportar subvencións dende a Xunta de Galicia, algo que sorprende a CCOO que o denunciaba esta mañá.
Estes trens circularán en fins de se

Os trens que se suprimen os sábados e domingos son os seguintes:

Tren: Ribadeo (6,50h) –  Ferrol (9,50h)
Este tren, concretamente nos meses de verán e en fin de semana a súa ocupación é moi  elevada, dado que é utilizado polos mozos e mozas que regresan dende Ribadeo e Foz cara  ao resto de poboacións da Mariña e Ortegal, que na sua maioría o fan para no usar o vehículo  privado e así evitar accidentes de tráfico.

O Tren: Ferrol (10,30h) - Ribadeo (13,25h)
Tren utilizado por viaxeiros, que en esta época do ano son principalmente turistas, que se  desprazan tamén ás mesmas poboacións.  Todos estes cambios están motivados principalmente pola escaseza de persoal, xa que a  malla actual de trens pode absorber perfectamente a circulación dos trens especiais sen ter
que suprimir os tren regulares.  

CC.OO. valora positivamente que se fagan trens turísticos, pero isto non debe supoñer a  supresión de trens regulares de viaxeiros, por iso van emprender actuacións cos demais  sindicatos e facer as xestións cos concellos afectados para que non se materialice esta  supresión.

Sociedade