O 2014, o ano máis turístico para Ferrol

O 2014, o ano máis turístico para Ferrol

25 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Turismo, Mª Carmen García Fraga, entregaron esta mañá os diplomas de calidade turística a dez empresas e profesionais de Ferrol que participaron no proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos), impulsado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Ademais deste selo de calidade turística, o primeiro edil da cidade fixo entrega das placas co

Rey Varela recalcou que o presente ano 2014 será “estratéxico” para a actividade turística de Ferrol. Á celebración por primeira vez de As Pepitas como Festa de Interese Turístico de Galicia se suma o recoñecemento internacional da Semana Santa e a elección por parte da Unión Europea de Ferrol como sede do Congreso Europeo de Turismo Industrial e do Crossroad of Europe”, destacou Rey Varela.

Estes eventos de transcendencia nacional e internacional permitirán “avanzar na consolidación da Marca Ferrol e transmitir unha imaxe en positivo da cidade” engadiu o alcalde. ola súa banda, a concelleira de Turismo explicou que un total de 28 empresas e organismos ferroláns contan con este selo de calidade e que “este ano esperan incorporar en marzo novas empresas ao SICTED”.

Sociedade