O acto de conciliación de Geriatros para o 8 de abril

O acto de conciliación de Geriatros para o 8 de abril

18 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) ven de fixar o 8 de abril como data para o acto de conciliación polo despido da delegada do comité de empresa de Geriatros, na residencia da terceira idade de Laraxe Cabanas (A Coruña). Unha concentración diante do centro plasmou este mediodia a solidaridade coa despedida.

A CIG denuncia ademais o mal funcionamento da Residencia, onde "aos anciáns lles son administrados todo tipo de medicamentos sen ningún tipo de control horario". Tamén indican que o plantel carece do equipamento suficiente para poder desenvolver o seu traballo coas medidas de seguridade e hixiene que este tipo de labor necesita.

Sociedade