O adolescente indomable en Vigo

O adolescente indomable en Vigo

05 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

É necesario entender a transformación actual do núcleo familiar para comprender aos adolescentes, segundo aseguran os sociólogos á hora de analisar os actuais problemas de relación na escola e na familia. Os profesores antes adicaban os seus esforzos fundamentais á transmisión do coñecemento. Hoxe teñen que enfocalos ao mantenemento do orde e a disciplina. En calquera caso a comprensión e a comunicación semellan estratexias

O psicólogo Ángel Peralbo, autor do libro El adolescente indomable e coordinador da área de adolescentes no equipo de especialistas que dirixe María Jesús Álava Reyes, ofrecerá unha conferencia sobre este tema hoxe luns, 5 de outubro, ás 20 horas, no Club Faro de Vigo.

Na actualidade, cando máis do 70 por cento dos casos que acuden ás consultas dos psicólogos é por problemas de conduta, este libro é un manual imprescindible para todos os pais que queiran intervir con éxito antes de que xa sexa demasiado tarde. O autor ofrece intelixentes estratexias para que educadores e proxenitores actúen sobre as consecuencias desta etapa complicada, de enfrontamento xeracional, axudando non só a solucionar conflitos, senón a comprender ao mozo en favor dunha mellor convivencia familiar.

Sociedade