O alcalde de Fene inaugurou o programa Contamos

O alcalde de Fene inaugurou o programa Contamos

22 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coa lectura do conto “Unha manchea de bicos” á rapazada de Infantil e primeiro de Primaria, a inspectora de Educación, Elena Urtiaga, abriu esta mañá no CEIP Centieiras de Fene o  programa “Contamos”, iniciativa promovida pola dirección e o claustro deste centro coa que se pretende “abrir o colexio á comunidade educativa e estreitar lazos coas institucións e sociedades”. Participou tamén neste primeiro enco

Aproveitando a súa participación no programa “Contamos”, o alcalde de Fene e a inspectora de Educación realizaron ao remate da sesión unha visita en profundidade polas instalacións do centro. No devir deste percorrido, Juventino Trigo e Elena Urtiaga coñeceron de primeira man cómo é o funcionamento do CEIP Centieiras e cales son as súas principais demandas, entre as que salientaron -por parte da Dirección do colexio- a necesidade dunha cuberta para o patio.
Logo desta primeira sesión, o programa “Contamos” retomarase o vindeiro martes coa visita ao colexio da Concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García.

Sociedade