O alcalde de Fene ten boas vibracións

O alcalde de Fene ten boas vibracións

11 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene confesou en RF ter “boas vibracións” de cara aos resultados das Eleccións Municipais de maio do 2015. Gumersindo Galego facía esta declaracións no espacio As Foxas esta semana. Con el falamos de diferentes asuntos, entre eles da reforma da Lei electoral que promove o goberno do PP unha lei coa que concorda o mandatario fenés, se ben considera que non é momento máis adecuado para facela, que tiña que terse feito antes

As eleccións municipais celebranse no mes de maio do ano que ven e o goberno do PP está empeñado en aprobar a reforma da lei electoral canto antes para poder aplicala xa nesa cita. A oposición rexeita que os populares aproveiten a maioría absoluta da que gozan neste momento para cambiar as regras de xogo no seu beneficio. No medio desta polémica, que se reproducía no pleno municipal de Fene o pasado xoves, preguntamos ao alcalde fenés a súa opinión sobre a reforma da lei electoral. Unha reforma na que cree pero recoñece que pode parecer oportunista.

O primeiro rexedor fenés está convencido da transparencia da nova lei porque así, afirmou, as coalicións coñeceranse antes das eleccións e non despois. Con lei nova ou sin ela, Gumersindo Galego, primeiro respondeu á nosa pregunta sobre o pálpito que tiña de cara ás eleccións locais en Fene para o grupo popular, cun  “eu que sei” pero despois confesou  “teño boas vibracións”.

Sociedade