O alcalde de Ferrol pediu máis compromiso da Sepi con Navantia, no discurso do patrono.

O alcalde de Ferrol pediu máis compromiso da Sepi con Navantia, no discurso do patrono.

07 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asiste en Ferrol ao acto de entrega das distincións de Ferrolán do Ano e das insignias de ouro do municipio. No teatro Jofre ás 12 da mañá o discurso do alcalde, Rey Varela, arrincou os actos oficiais do San Xulián, patrono da cidade. A degustación popular do prato ferrolán por excelencia, o arroz con leite, pechará a celebración esta tarde no Cantón de Mo

Discurso

O alcalde, Rey Varela referiuse na sua alocución aos 300 anos do nacemento de Jorge Juan, humanista e enxeñeiro naval responsable baixo a dirección do Marqués de la Ensenada da construción naval española e máis concretamente, entre 1751 e 1754, da construción do Arsenal e do barrio da Magdalena, que desenvolverían máis adiante Francisco Llobet e Julian Sánchez Bort.

O alcalde fixo fincapé no sector naval e no mar que seguen a ser, dixo, o noso principal motor económico, de xeración de emprego e de identidade como pobo. Por iso, engadíu, " recoñecemos como Ferrolán do Ano a unhas empresas herdeiras do coñecemento do naval de Ferrol que son quen de buscar novos mercados en Ultramar".

José Manuel Rey reiterou que "necesitamos un maior compromiso neste 2013 da SEPI con Navantia e con Ferrol" Como alcalde de todos, afirmou, “non guardaréi un silencio cómplice cos que incumplen os seus compromisos e obrigas con Ferrol, pero tampouco consentiréi a politización que nunca nos levou a nada”.

Ademáis do reto do naval, Ferrol afrontará el 2013 con outros retos sobre os que “dimos pasos importantes en 2012” Citou rey Varela ao liderazgo do porto, á licitación da proxecto do tren ao porto exterior comprometido pola Ministra de Fomento; e a ría que consiguíu no 2012 poñer dacordo a Ayuntamiento, Xunta e Gobierno Central para facer realidade o Saneamento Integral cun investimento de 12 Millones de Euros. O alcalde ferrolán tivo un recordo para as persoas que peor o están pasando como consecuencia da crise. Anunciou que Ferrol destinará a Bienestar Social 6 millones de Euros.

Nesta ocasión o premio "Ferrolán do ano" corrspondeulle á sociedade empresarial Galictio. As insignias de ouro da cidade outorgáronse ao investigador e profesro, Juan Alonso Girgado; ao Pantín Clasic e á Asociación Culturald e Minusválidos.

A degustación popular de 2.500 racións de arroz con leite pecha a celebración do patrono dende as 6 da tarde no Cantón, xunto coa actuación da Banda Ferrolá de Musica. A degustación faráse baixo carpa, con mesas e cadeiras e un servicio de camareiros incluído. Amenizará a degustación, unha orquestra que tocará a partir das 18.30 horas.

Sociedade