O Antón acabou incinerado

O Antón acabou incinerado

10 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Queda só o enterro da sardiña mañán no barrio ferrolán de Ultramar e rematará o carnaval na comarca. O mércores de cinza foi para Fene. 14 comparsas desfilaron polas ruas. O humorista, Xacobo Pérez, conducíu o festival mentras que moitas mascaritas disfrutaron do anonimato.

O alcalde non, a cara descuberta,Iván Puentes paseouse como o Papa Ratzinger. Moita imaxinación e moita festa no enterro do meco fenés, do que dixo a comparsa A Revolta antes de actuar, que era o Antroido máis verdadeiro de toda a comarca. Non faltou a apenada viuva nin tampouco un clásico xa do Carnaval, o que unha vez foi Miss Fene, outra Pilarita e agora o surfista Vicente Irisarri. O fenés Caldevilla escolleu as diferencias entre o alcalde de Ferrol e a sua camarada Beatriz Sestayo para o disfraz que despertou máis risas.

En fín, que alá vai o Antón, incinerado sobre un estaribel no rio Cádavo, con ruido de traca e fogos artificiais. No testamento, entre outras lindezas, deixou en IKEA un sofá encargado, ou ratibróm e vitaminas e aspirinas. Non se librou a lei do tabaco: “ Protestan os fumadores, protestan os hosteleiros, e agora tamén protesta, o gremio dos barrendeiros”.  

Sociedade