ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Antroido ainda non rematou de todo en Fene. O vindeiro sábado celébrase baile de disfraces en Limodre e cea baile en Maniños. A Asociación O Pote organiza a cea baile de Piñata para o sábado 27. O trio Boreal arrufará a velada que ten un prezo por persoa de 22 euros. En Maniños o baile infantil celebraráse o domingo 28 a partir das catro e media da tarde.
Tamén a vindeira fin de semana organiza os festexos do Carnaval a Asociación Veciñal de Limodre. As cinco da tarde sesión infantil con agasallos para nenos e nenas que acudan disfrazados. Disco Movil ET encargaráse da animación. O dúo Caramelo correrá coa música no baile de adultos que comezará arredor das dez e media da noite.