ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Allariz está levando a cabo unha campaña informativa referente ao paso do AVE polo termo municipal, Tosende e Outeiro de Laxe. A campaña coincide coa exposición pública de dereitos e propiedades afectados pola expropiación forzosa para a construción do tren de alta velocidade.
En asemblea informativa trasladouse directamente a documentación a asociacións de veciños de Outeiro de Laxe e Tosende, nas que o Alcalde Francisco García e a concelleira de participación cidadá Pilar Gallego, deron a coñecer a documentación correspondente á zona de afección sobre os seus bens e dereitos e informaron sobre os prazos para a corrección de erros e posibles reclamacións sobre a expropiación forzosa. A documentación foi trasladada os veciños e veciñas interesados que poderán dispor dela nos seus locais sociais ou na Casa do Concello.