O azar encaprichóuse co Narahío

O azar encaprichóuse co Narahío

26 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Curiosa coincidencia. O Maniños rematará a súa pretemporada e iniciará a liga fronte ao mesmo equipo, o Narahío. O conxunto adestrado por Ángel Mahía reforzóuse con novas fichaxes e afrontará a campaña 2009-2010 coa aspiración de alzarse campión.

Despóis dun inicio de pretemporada algo frouxo, o Maniños adaptóuse ao proxecto deseñado polo técnico ata chegar agora a unha boa forma que lles está a dar bos resultados. Os do Pote contan con novas incorporacións para conseguir un bloque máis competitivo.
 

Unha das novas fichaxes é a do xogador, Rodrigo García, Roy, que xa xogara no equipo hai sete anos. Durante este intervalo, este ferrolán de 27 anos fixo un longo periplo. Militou nas filas do Val, dous anos no Meirás e no ánimas, equipo onde comezou a súa andaina deportiva aos 9 anos.

 Roy defínese como un xogador de loita, de brega, que cumpre na súa posición e que dá todo polos seus compañeiros. Xoga no medio campo, o seu lugar natural, afirma . O Maniños loitará por chegar o máis arriba posible. “Non se pode renunciar a nada, xa logo a liga pon a cada un no seu sitio”, subliña o xogador. Asegura que o Maniños conta cun plantel competitivo para acadar grandes logros.

 Antes de comezar a liga desputarán este sábado o trofeo Mesón O' Campo contra o Barallobre. Un derby dos que fan afición. O domingo pechan os amigables contra o Narahío, o mesmo conxunto cos que se verán as caras o 6 de setembro, día de inicio da liga. Roy, sinala que se trata dun rival complicado , con xente moi forte e sabia que sobe moi ben. O amistoso deste domingo servirálles para valorar e estudar ao contricante para principiar o campionato ligueiro cunha victoria.

Deportes