O baile toma o pavillón A Xunqueira

O baile toma o pavillón A Xunqueira

13 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pavillón polideportivo “A Xunqueira” de San Valentín- Fene- acolle o sábado, 14 de decembro, de 17.30 as 20h, a III Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene”. Dez escolas tomarán parte neste evento que organizan a asociación xuvenil Fene Movemento e o Concello de Fene, coa colaboración de Floristería Loto, do club Móvete de Mugardos e de SJ Sonido e iluminación.

A III Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene” contará coas actuacións das  escolas municipais de Fene, Paso a paso e os Casais. Tamén participarán Fusion Dance, Fitness Fene, o club Móvete de Mugardos, Danzares, Tedaga Narón, Escola de Pontedeume e escola Brio.  A maiores, está previsto que saian a pista distintas parellas de baile que actualmente compiten na modalidade de baile deportivo.

Sociedade