O Barallobre necesita combustible

O Barallobre necesita combustible

11 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Durou mentres houbo gasolina. O Barallobre aguantou ao Valdoviño durante todo o primeiro tempo e tamén durante un tercio do segundo periodo. Logo a falta de “fisico” fixo mella e o equipo fenés desfondouse. Nesta situación de falta de enerxia para afrontar un partido de fútbol chegaron os tantos do Valdoviño. Dani no minuto 24 e Sebas no 26 e 31 da reanudación sentenciaron o partido e deron os tres puntos ao Valdoviño que se consolida na te

O xogador e directivo do Barallobre Iván Mourente foi descriptivo onte no Carrusel Volta á Ría de Radiofusión. O primeiro día da semana adestramos cinco ou seis opina Mourente. En calquer outro equipo a media non baixa de 11 xogadores. Isto posibilita que o Barallobre “tire” os partidos nos segundos tempos. Sobran os segundos tempos. O equipo non fixo pretemporada, clave para o fondo físico e a falta de adestramentos pasa factura.

Deportes