ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O balanzo das rebaixas é positivo, segundo declarou esta mañá en Radiofusión o Presidente do Centro Comercial Aberto do Barrio de A Magdalena (Ferrol), Cristobal García Nores. Aínda así é cedo para coñecer o resultado porque as rebaixas son unha carreira de fondo con meta a finais de febreiro.
A frouxa tempada de inverno ten todos os visos de compensarse coas rebaixas. A apertura dos establecementos na festividade de San Xiao, patrono de ferrol e primeiro día das rebaixas supón todo un acerto para os comerciantes. Rexistráronse moitas transaccións e a perda dese día significaría un duro golpe para o comercio ferrolán, asegurou García Nores. Antes desta medida a cidade estaba morta e falta de vida e agora a situación é totalmente distinta.
Ante a crise "a situacións difíciles solucións máis fortes". Así pódense atopar descontos desde o 20 % ata o 60 %. E isto nas primeiras rebaixas, pois máis adiante subiranse os descontos porque o “que interesa é sacar a mercancía que pasa de moda a calquera prezo.”
A Asociación de comerciantes de A Magdalena arrinca o ano con ilusión e optimismo. “A situación económica crea tamén unha crise psicolóxica e resulta vital non frear o consumo para non parar o ciclo produtivo, por iso facemos un discurso positivo”, salientou o Presidente da CCAM.
Deste xeito comezan con novos proxectos como a tarxeta de fidelización de clientes nos que van acumulando puntos e descontos. A novidade máis salientable é a creación dun oulet permanente. Esta semana levarán a cabo a primeira reunión dos asociados para establecer os primeiros pilares do mesmo. Senón hai retrasos a finais de primavera abrirase este oulet do barrio da Magdalena.
Cristobal García, sinala a transformación que están a experimentar. Xa non son exclusivamente unha asociación de comercios. Aspiran a crear un espazo aberto delimitado polo barrio onde se inclúan hostaleiros, avogados e demais grupos de profesionais.” As rúas deben estar cheas de xente e esta é unha forma de acadar este obxectivo”, sinalou .