O berro contra a ampliación da AP-9 escoitase en Santiago

O berro contra a ampliación da AP-9 escoitase en Santiago

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os veciños de Chapela solicita unha xuntanza co presidente da Xunta, Núñez Feijoo a quen acusan de manter unha “posición ambigua” ante o proxecto e demandan o dimisión do alcalde por non sentarse coa Comisión de afectados. Veciños de Chapela desprazáronse na mañá de hoxe a Santiago de Compostela para trasladarlle ao goberno da Xunta o seu rexeitamento á ampliación a autoestrada AP-9. Unha vez na capital galega pr

A comisión de afectados, a través do seu presidente Francisco Puch, entende que neste asunto os populares “están a manter unha posición ambigua, xa que afirman non estar a favor da ampliación da ponte cando por outro lado existe un proxecto serio para a realización da obra”.

A protesta trasladouse a unha do mediodía a Redondela onde os veciños se concentraron ante a casa consistorial para solicitar a dimisión do alcalde, Xaime Rei. Os veciños entenden que o rexedor local non está a  cumprir coas súas labores como máximo mandatario local xa que de xeito reiterado negouse a recibir ao presidente do colectivo, Francisco Puch con quen mantén unha relación de enemizade por problemas políticos. O vindeiro venres día 10 de xullo a asociación de veciños celebra unha nova protesta que partirá dende o Alto da Encarnación.

Sociedade