O biouteiro no muiño do Redondo en Magalofes

O biouteiro no muiño do Redondo en Magalofes

04 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O biouteiro ou bieiteiro é unha das especies arbóreas que podemos atopar no xardín do Muiño do Redondo en Magalofes (Fene A Coruña). Alí recuperouse un muiño dunha soa pedra, e habilitouse unha zona verde con castiñeiros, queirogas e unha gran diversidade de arbustos.

Ademais desa zona, en Magalofes merece a pena destacarse o xardín de Eduardo Blanco Amor, a zona da pista polideportiva e a área recreativa do Pedrón. Todas elas visitámolas acompañados de Antón Muñiz, perito agrónomo e xardineiro do Concello de Fene.

Sociedade