O BNG apostará por unha “negociación colectiva galega”

O BNG apostará por unha “negociación colectiva galega”

20 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Isto é, que os convenios colectivos autonómicos prevalezan sobre os estatais. A esa circunstancia vinculará a súa postura no debate nas Cortes sobre o decreto de reforma, avanzou hoxe a deputada Olaia Fernández Davila.

A representante nacionalista fixo unha valoración "negativa" do texto que o Goberno leva á Cámara "por responder a unha necesidade lexislativa a golpe de decreto". Davila pide que a reforma sexa tramitada como proxecto de lei e que non sexa o ámbito de negociación no seo da empresa o que prevaleza. 

Para o voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, a modificación que se busca na negociación colectiva "está dirixida a restarlle capacidade de decisión aos traballadores á hora de defender os seus dereitos laborais". Comprometeu o voto en contra dos seus dous deputados no Congreso se non hai cambios e pediu que o Goberno se atreva a "poñer en cintura á banca".

Institucional