O BNG a candidatura máis votada en Fene

O BNG a candidatura máis votada en Fene
28 de Maio, 2023 - 10:34 h. | Publicada por Radio Fene

"O BNG volve ser a candidatura máis votada en Fene" destacou o actual alcalde Juventino Trigo quen amosou a súa satisfacción polos resultados obtidos. O representante do Partido Popular Gumersindo Galego agradeceu o apoio recibido pola súa candidatura ainda que manifestou o seu escepticismo polo traballo da Corporación entrante: "Pode repetirse outra vez máis do mesmo". A edil de Esquerda Unida Mari Carmen Martínez agradeceu o apoio recibido pola súa formación e expresou a súa ilusión "polo grupo de traballo formado con savia nova".

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí o programa de seguemento da xornada electoral en Radio Fene:

http://173.255.131.18/audio/280523PROGRAMA.mp3

Fotografía Xan Xe

En Fene o BNG obtivo 7 representantes por 6 do PP, 3 do PSOE e 1 de Esquerda Unida. No programa especial da noite electoral de Radio Fene interviron a subdelegada do Goberno na Coruña María Rivas, o filósofo Antón Baamonde, o xornalista David Lombao e a profesora da Universidade e doutora en Ciencias Políticas María Lois. Realizouse o seguemento en directo do reconto da mesa ubicada na Casa do Concello de Fene.

 

Fotografía Xan Xe

 

Institucional

Publica o teu comentario agora