O BNG celebrará Asamblea extraordinaria o 10 de maio

O BNG celebrará Asamblea extraordinaria o 10 de maio

14 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

2.500 delegados do Bloque Nacionalista Galego escollerán o vindeiro 10 de maio a nova Executiva da formación nacionalista. Nesa Asamblea extraordinaria valoraránse os resultados electorais do pasado 1 de marzo “malos sen paliativos”, segundo palabras do voceiro nacional do BNG Anxo Quintana.

O Consello Nacional do Bloque reunido hoxe en Santiago de Compostela adoptou esa decisión tras 6 horas de debate, e a dimisión da actual executiva. Elexiuse unha comisión organizadora da Asamblea formada por 7 membros de todas as correntes que integran a fronte nacionalista. Programarán a cita congresual,  Mario López Rico, (Encontro Irmandiño) Alberte Rodríguez Feixóo, (Esquerda Nacionalista) Carlos Aymerich, Roberto Mera, (quintanistas) Francisco Jorquera, Alberte Ansede (UPG) e Noa Presas (Movemento pola Base).

 

Tanto Xosé Manuel Beiras, como Francisco Rodriguez e Camilo Nogueira valoraron positivamente o desenvolvemento da reunión, e expresaron o seu desexo dun reforzamento do BNG a partir da Asamblea Extraordinaria. Quintana confirmou na reunión que non se volverá presentar para o cargo de voceiro nacional.

Sociedade