O BNG de Fene cara a cara coa veciñanza

O BNG de Fene cara a cara coa veciñanza

21 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Educación, o paro ou o pacto da esquerda. Foron as preocupacións máis destacadas na asemblea cidadá aberta que o BNG convocou hai uns días en Fene. O portavoz municipal do BNG de Fene, Juventino Trigo, explicou esta mañá nas Foxas que o 60% das 6.000 persoas que están acudindo ás súas asembleas non están afiliadas ao Bloque. Por iso a denominación de BNG- Asembleas abertas coa que concurrirán os nacionalistas &

Algún dos asistentes á asemblea de Perlío preguntou por qué nas ultimas eleccions locais non se chegara a un pacto de esquerdas no concello de Fene. O portavoz municipal nacionalista anunciou a saída esta semana dun novo boletín do Bloque na localidade, onde se amosan as principais preocupacións e iniciativas locais. Entre as novas dos últimos días está a xuntanza que mantivo Trigo coa confraría de barallobre, xunto ao parlamentario nacionalista, Daniel Rodas.

Juventino Trigo non quixo pronunciarse sobre a súa concurrencia ás eleccións encabezando a lista de Fene. Iso é algo que terá que decidirse asembleariamente, afirmou. Do que sí falou, na enterevista das Foxas, foi do despropósito de goberno do PP, a quen criticou por facer as cousas a presas, e de falta de transparencia en moitos asuntos que se debaten en pleno.

Sociedade