O BNG de Fene denuncia o atraso de varias obras do Plan E

O BNG de Fene denuncia o atraso de varias obras do Plan E

27 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Fene denuncia o atraso no inicio de varias obras que se inclúen dentro dos fondos do Plan E. Para os nacionalistas, esta situación derívase da falta de interese do goberno municipal, pois non lle atopan outra xustificación a tal situación. As obras xa foron adxudicadas pola Mesa de Contratación o pasado mes de xullo, pero aínda a día de hoxe non se iniciaron. Entre as obras pendentes de execución destaca o aparcamento do Colexio de Perl

Agora, apuntan dende o Bloque, as obras comezarán coincidindo co inicio do curso escolar, polo que as molestías e os problemas na zona aumentarán de xeito considerable. Outras obras pendentes de execución son o arranxo dos baixos de San Valentín para usos de Servizos Sociais e a canalización eléctrica tamén en San Valentín. Por último o BNG destaca que para hoxe estaba prevista a reunión da Comisión de Obras na que se ían tratar estes asuntos, pero que finalmente foi suspendida ata nova orde.

Sociedade