O BNG de Fene elevará as queixas a Adif polo estado da vía

O BNG de Fene elevará as queixas a Adif polo estado da vía

17 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Bng de Fene elevará ao Parlamento a situación terceiromundista do paso da vía férrea por Fene. A falta de acceso ás fincas de Conces de Abaixo e o abandono dos pasos e levados totalmente enferruxados ou da maleza que medra ao longo da vía, son feitos constatables, segundo o portavoz do bloque que hai que reclamar a ADIF. O concello cumple co organismo estatal no mantenemento do parque de educación viaria de Barallobre e no aparcamento do apeadeiro de

O BNG está levando a cabo unha campaña informativa cos emigrantes retornados aos que facenda está multando e reclamando uns pagos dos que non estaban adevertidos. Por iso, moitos afectados aínda non saben que o son, segundo Manuel Polo.

Ó inicio do curso escolar referíuse esta mañán no espacio As Foxas de Radio Fene o portavoz nacionalista, para denunciar a amortización das prazas de profesorado e a conseguinte escaseza de mestres de apoio aos nenos -as con dificultades de aprendizaxe. "O problema número un no inicio do novo curso escolar", advertíu Polo.

Sociedade