ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Representantes do BNG e do PSOE fenés reúníronse esta mañán na Coruña co presidente e vicepresidente da Deputación provincial, Salvador Fernandez Moreda e Pablo Villamar, para sacar adiante os Plans de Obras e Servizos (POS) e o Plan de Cooperación Provincial (PCP), ambos de 2007, da Deputación Provincial. A resposta dos máximos responsables do organismo provincial foi
A situación cóllese “in extremis” porque quedaría un mes para ter listos os proxectos e despois, un ano para executalos, porque senón poderiase perder o diñeiro. O Bloque achaca o desleixo á ineficacia na xestión do Alcalde de Fene, Iván Puentes. "Estas obras foran aprobadas polo BNG en solitario e o PSOE foi incapaz de xestionar a súa execución", segundo os nacionalistas. No Plan de Cooperación provincial entrarían catro alcantarillados: no camiño de Lubián, no Monte da Cancela; no camiño do Cocallo e na Fonte Nova. Completa o programa de obras o abastecemento de auga na Estrada da Palma en Maniños. O orzamento global ascende a perto de 336.000 €. Iso no que respecta ao Plan de Cooperación.
Despois está pendente o Plan de Obras e Servicios (POS) tamén do mesmo ano 2007; Aquí entran un total de seis execucións pendentes: A primeira o abastecemento de auga no camuiño de Boado; a segunda fase da reurbanización da Avda da Cooperación; Os pavimentados da Lomba en Romariz e co camiño do Ortel. Aínda se inclue a dotación de servicios no camiño do Parque ao Rio Ba e outras obras de saneamento. Estas obras ascende a 326.000 &euroO feito de ter paralizados estes plans provinciais bloquean a execución das seguintes anualidades.
Dende o BNG apoian estes Plans Provinciais e tamén os das anualidades 2008 e 2009 que suman máis de 1.100.000€. O voceiro do BNG amósase preocupado polo risco de perder investimentos tan importantes para Fene.