O BNG define a súa posición como "antitética á do PP" respecto á Reforma Constitucional

O BNG define a súa posición como "antitética á do PP" respecto á Reforma Constitucional

29 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG non ve clara a "reforma exprés" que dende o goberno central se vén de propoñer, asegurando que o impacto que ésta teña na nosa comunidade será negativo tanto dende o punto de vista político, como económico e social

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reuniuse esta mañá co Grupo Parlamentar nacionalista para analizar o inicio deste curso político e manifestar a súa oposición respecto ás últimas decisións tomadas tanto polo goberno galego como polo central, especialmente no trocante á "Reforma exprés" que segundo eles, só traerá consecuencias negativas a Galicia.

 

 

Así o manifestou Carlos Aymerich Cano, portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, quen criticou a actitude tanto dos socialistas como dos populares, xa que nun momento de crise no que as disputas entre ambos partidos só conseguiron segundo él agravar a situación, este acordo soamente perxudicará á nosa comunidade. 

 

Tamén estivo presente Guillerme Vázquez, quen definiu a posición do seu partido como "antitética á do PP", criticando o seu goberno por "incompetente e irresponsabel" segundo as súas palabras, e recalcou a súa oposición ao proxecto de reforma conxunta, animando á poboación a que asista ás concentracións que o BNG convocou nas sete cidades galegas, asegurando que "as cousas non poden seguir así". 

 

Deste xeito, o Bloque Nacionalista Galego pretende crear un debate político no Parlamento para defender unha posición que segundo eles vaia máis en favor tanto da nosa comunidade, como de todos os galegos que queren unha política distinta.

Institucional