O BNG presenta un decálogo de intencións para os concellos nesta campaña electoral

O BNG presenta un decálogo de intencións para os concellos nesta campaña electoral

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG presentou nesta xornada as Dez Prioridades para os concellos, un decálogo a modo de programa para a campaña desenvolvido no marco do Comité das Cidades dos nacionalistas. Entre os aspectos máis salientables desa declaración de intencións figuran a creación de emprego dende os concellos, a defensa dos servizos públicos e a promoción da participación veciñal. Tamén contemplan un urbanismo que antepoña o i

O voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, asegurou esta mañá que "despois do 22 de maio asistiremos a outra vaga de recortes do Estado do Benestar" e prognosticou que, aproveitando o déficit das comunidades autónomas "vaise entrar a saco" en cuestións como sanidade, educación ou servizos sociais.

Vázquez repartiu as culpas da situación entre o Executivo central e a Xunta, e cualificou a Alberto Núñez Feijóo como un presidente "inactivo, pasivo e sen liderazgo". Coida que chega tarde nas súas denuncias contra o decreto de reforma do sistema financeiro ou sobre o adiamento do AVE, que os nacionalistas xa fixeran hai tempo, e ás que se referiu como "foguetes preelectorais". Malia non ser futboleiro, o voceiro do Bloque non puido evitar facer a comparanza de moda na política galega: a de Mourinho.

Institucional