O BNG vilalbés concentrarase hoxe contra a violencia de xénero

O BNG vilalbés concentrarase hoxe contra a violencia de xénero

25 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Grupo Municipal do BNG de Vilalba organiza hoxe, na Praza da Constitución ás 20.30 horas, unha concentración contra a violencia de xénero, co gallo da celebración do Día Internacional da eliminación da Violencia das Mulleres. A nova responsable local do partido nacionalista na capital chairega, Tereixa Burgo, será a encargada de ler un manifesto no que se sinalará que este é un problema que afecta ao conxunto da sociedade e non s&oacute

Desde o Bloque Nacionalista Galego búscase sumar o maior número de forzas posible para tentar de previr e erradicar este tipo de violencia, que ten diversas formas de aparición, non só a física, senón que tamén aparece en forma de discriminación social, laboral, psicolóxica ou económica. Por elo ínstase a toda a cidadanía chairega a participar neste acto.

Sociedade