ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Saltillo arribará ao porto de Burela o día 21 de xullo ás 12 da mañá procedente de Avilés. Ese día pola tarde de 17 a 19 horas o buque-escuela poderá ser visitado por todos os que o desexen.
O vindeiro xoves 21 de xullo chegará a Burela o buque-escola Saltillo, que partiu hai dous días do porto vasco de Hondarribia rumbo á Coruña co obxectivo de poñer en valor e difundir os Camiños do Norte de peregrinación a Compostela. Trátase dunha iniciativa que está impulsada polas comunidades autónomas de Euskadi, Cantabria, Asturias, País Vasco e Galicia. O Saltillo ven facendo escalas, e a tripulación está formada por alumnado universitario da Escuela Técnica Superior de Náutica da Universidade do País Vasco e personalidades do mundo da cultura, o deporte, a música ou a empresa. Entre os seus tripulantes destacan Peio Ruiz Cabestany, Iñaki Perunera, Espido Freire, Alfredo Amestoy ou Laureano Montero. Este buque-escola é unha goleta de 26,25 metros de eslora total, 5,25 de manga e 2,88 de calado.
O alcalde José María González Barcia dixo que “para o Concello de Burela é unha promoción máis e de enorme importancia dos nosos recursos turísticos, porque diversas personalidades van participar nesta peregrinación marítima e van poder coñecer de primeira man a nosa riqueza turística. Nós desde o Concello estamos xa a colaborar de xeito moi activo con este itinerario que o Saltillo está a facer desde o País Vasco ata a Coruña”.
A candidatura dos Camiños do Norte a Santiago será presentada próximamente á UNESCO para a súa inclusión na lista de Patrimonio Mundial.