O Círculo de Perlio renova directiva

O Círculo de Perlio renova directiva

28 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Seis socios-as do CCRD de Perlío (Fene) encargaránse da formación da nova xunta directiva, unha vez que abandonou o cargo a ata agora presidenta, Pilar Fornos. A asamblea anual celebrada onte domingo rexistrou un animado debate.

Á hora do feirón celebrouse unha prolongada asamblea no Círculo de Perlío. Da cita sairon designados un grupo de seis socios e socias para a formación da xunta directiva. Mañá martes manterán unha reunión para intentar ampliar o equipo rector da entidade.
    Na asamblea rexistrouse un animado debate sobre diferentes aspectos da xestión do Circulo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío. En particular discutiuse moito sobre a relación entre a sección deportiva e a cultural da entidade.

Sociedade